Recursos

Nesta páxina comparto unha serie de recursos que emprego para planificar as miñas rutas sobre as dúas rodas. Ireino actualizando. Se botades algunha ferramenta en falla, podedes deixarma nos comentarios e engadireina ao catálogo.

Cartografía

  • BRouter: Ferramenta útil para analizar o perfil de alturas dunha ruta de forma sinxela. Podes cargar a túa arquiva directamente a partir dun arquivo GPX ou trazala no mapa da propia web.
  • cycle.travel: Permite calcular rutas tranquilas entre dous puntos, evitando estradas concorridas.
  • Maps to GPX: Permite obter o arquivo GPX correspondente a unha ruta deseñada en Google Maps.
  • KML to GPX: Permite obter o arquivo GPX dunha ruta a partir dun arquivo KML.
  • Altimetrias.net: Esta páxina contén unha análise moi detallada dos principais portos ciclistas.
  • Mapas IGN: Mapas oficiais do Instituto Geográfico Nacional. Tamén teñen unha aplicación para levalos no móbil.

Aplicacións para o móbil

  • Wikiloc: O meu sitio de referencia para descubrir novas rutas. No meu perfil podedes ver algunhas das rutas que fixen.
  • OSMand: Aplicación móbil moi completa que emprega os datos do Open Street Map. Ten multitude de funcións: levar o mapa descargado no teu móbil, seguir e gravar rutas, visualizar perfís, editar tracks e moitas outras. E é software libre.
  • Mapas IGN (Instituto Geográfico Nacional): Aplicación oficial do Instituto Geográfico Nacional para consultar os seus mapas. Permite tamén levalos descargados no móbil.

Guías de viaxe

Outros blogs e contidos recomendados

  • Conalforjas.com: Blog en castelán sobre cicloturismo,
  • Pedaladas: Podcast en galego sobre desprazamentos en bicicleta, ciclismo e formas alternativas para movernos por Galicia.

Deixa un comentario

Aviso legal · Política de privacidade · Política de cookies · Condicións do servizo · Normas para o usuario